Publicador de contidos
Publicador de contidos

A demanda de comida a domicilio vai cada vez a máis

A demanda de comida a domicilio vai cada vez a máis

Segundo datos de Uber Eats, medrou un 40 % en España en 2024

A comida rápida é a máis demandada

G24.gal 23/01/2025 14:29

Impulsado pola comodidade e o aforro de tempo, a demanda de comida a domicilio non para de medrar.  "Se non tes ganas e non tes tempo, é moi fácil", di unha moza.

Son poucos os que non caen na tentación e é nas fins de semana cando máis pedidos se rexistran. "Eu non, a min gústame moito cociñar", asegura unha muller. "Pola semana non, pero nas fins de semana si. É moi cómodo, porque aforras cociñar", di outra.

A comida rápida segue sendo a máis demandada. "Basicamente hamburguesas ou pizzas".

Pero o abano de ofertas é cada vez máis amplo. "Eu, sushi, cousas que non podo facer na casa". "Comida tradicional, cuns callos e algo que faga eu xa amañamos".

Nos restaurantes xa combinan servizos propios de repartimento con diferentes plataformas, e cada quen mantén a domicilio as súas especialidades.

"Piden cousas grandes, tortillas, racións, pratos combinados, hamburguesas", sinala Manuel Janeiro, propietario do bar Argallo. 

"É unha cousa que vai a máis, eu pensei que viñera só para a pandemia, pero veu para quedar. Piden churrasco, polbo, cachopos...", comenta José Antonio Núñez, do restaurante Fonte do Rei.

Nalgúns establecementos xa din que o teléfono soa máis para encargas a domicilios que para reservar mesa no propio local.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade