Publicador de contidos
Publicador de contidos

Correos habilita un servizo para enviar produtos caseiros do cocido galego por toda España

Correos habilita un servizo para enviar produtos caseiros do cocido galego por toda España

A empresa aplica “descontos” aos envíos desde Becerreá, Escairón (O Saviñao), Monforte de Lemos, Samos e Sarria de produtos caseiros, embutidos e carne en salgadura “a calquera punto da península”

G24.gal 22/01/2025 08:50

Coincidindo co inicio da tempada do cocido galego, Correos activou un servizo especial para que os cidadáns poidan enviar con descontos desde Becerreá, Escairón (O Saviñao), Monforte de Lemos, Samos e Sarria produtos caseiros, embutidos e carne en salgadura a calquera punto da península.

Segundo informou a empresa pública mediante un comunicado, Correos manterá activa esta campaña ata o 15 de febreiro, tanto desde as oficinas postais como nas propias casas dos produtores, que poderán realizar tamén os seus envíos a través dos carteiros rurais.

Poderán enviar chourizos, lacón e carne en salgadura, roxóns ou outros produtos, aínda que os clientes deben envasalos correctamente antes de introducir a cantidade que desexen na capacidade dos paquetes.

Tamén aclara que ao ser un produto alimentario, o servizo de Correos está pensado para que a entrega se realice con urxencia e efectividade, de modo que chegue en óptimas condicións ao momento de destino. A admisión de envíos farase de luns a xoves.

Correos ofrecerá prezos reducidos e permitirá elixir o lugar de entrega (domicilio, empresa, local comercial, oficina de Correos), ademais de incluír notificacións SMS e de correo electrónico para o destinatario.

Tras a boa acollida do ano pasado, Correos decidiu repetir esta campaña, que facilita aos galegos que viven no resto da península gozar dos produtos típicos desta época do ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar