Publicador de contidos
Publicador de contidos

Catro feridos ao incendiarse un avión nun aeroporto de Corea do Sur

Catro feridos ao incendiarse un avión nun aeroporto de Corea do Sur

A aeronave comezou a arder antes de engalar

G24.gal 28/01/2025 20:19 Última actualización 28/01/2025 21:02

Polo menos catro persoas quedaron feridas este martes durante a evacuación dun avión Airbus A321-200 da aeroliña Air Busan que se incendiou no aeroporto internacional de Gimhae, na cidade de Busan, no sueste de Corea do Sur.

Os bombeiros indicaron que o avión, que debía partir cara a Hong Kong, se incendiou na cola antes de engalar cara ás 22:26, hora local (13:00 GMT), e que os 169 pasaxeiros e 7 membros da tripulación foron evacuados mediante un tobogán de evacuación.

Os operarios tardaron preto dunha hora en apagar as lapas, que se estenderon por toda a fuselaxe do aparello.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos