Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un coche sen ocupantes cae ao mar no porto de Ferrol

Un coche sen ocupantes cae ao mar no porto de Ferrol

Crese que non tiña posto o freo de man e que o arrastraron os refachos de vento

G24.gal 28/01/2025 21:13

Un vehículo sen ocupantes precipitouse ao mar este martes pola tarde no peirao número 5 do Arsenal Militar de Ferrol.

Estímase que o coche foi arrastrado ata a auga polos fortes refachos de vento e non tiña accionado o freo de man ou sufría algún tipo de avaría.

O automóbil quedou situado nun primeiro momento nas inmediacións dunhas das fragatas da serie F-100, a F-102 Almirante Juan de Borbón.

Finalmente, acabou por mergullarse e, agora, está previsto que leven a cabo os traballos para reflotalo e retiralo da auga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade