Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os Lagos de Teixeiro, en Lugo, viven un lento renacer grazas aos investimentos públicos

Os Lagos de Teixeiro, en Lugo, viven un lento renacer grazas aos investimentos públicos

A área recreativa recupérase con novas varandas e coa habilitación dunha ruta a pé

Félix Aragunde 28/01/2025 19:52

A que fora unha zona verde de Lugo, que gozou dunha gran popularidade ata os anos 80, a área recreativa dos Lagos de Teixeiro, sufriu un paulatino declive nas últimas décadas ata chegar ao seu estado actual de abandono.

Salvador Rivas, presidente da comunidade de montes de Teixeiro: "Había un bar, entre outras cousas que o facían atractivo, e viña a xente, pero foise abandonando todo. Cerrouse o bar, a xente xa non se sentía tan cómoda aquí e foi marchando".

Agora, tanto o Concello de Lugo como a Xunta están a apostar pola recuperación dunha área recreativa cun gran potencial. A un importante investimento municipal para a mellora viaria súmase a creación dunha ruta de sendeirismo por parte de Medio Rural.

Ademais, a comunidade de montes recibiu axudas para rozas e podas, ao que se engade a repoboación forestal dunhas 30 hectáreas. Así e todo, a súa directiva sinala que aínda queda moito por facer neste espazo verde.

Salvador Rivas, presidente da comunidade de montes de Teixeiro: "Os bancos son fundamentais. Habería que poñelos novos, arranxar as pistas e buscar a forma de que se mantivese aberto un bar tan sequera as fins de semana".

De xeito paralelo, prevese renovar as instalacións recreativas, co fin de que os Lagos de Teixeiro poidan vivir unha segunda era dourada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade