Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aconsellan notificar os danos do temporal ás compañías aseguradoras canto antes

Aconsellan notificar os danos do temporal ás compañías aseguradoras canto antes

É importante reunir cantas probas documentais se poida: fotos, videos, partes meteorolóxicos,facturas das reparacións....

G24.gal 28/01/2025 21:23 Última actualización 28/01/2025 21:52

A forza do vento arrincou un tellado dun edificio en Salceda de Caselas. É tan só unha das moitas incidencias que Herminia deixou ao seu paso. Tamén houbo vivendas asolagadas como en Padrón, onde botan contas dos danos. 

Para reclamar, o primeiro paso é notificar á compañía aseguradora todos os estragos sufridos. Os prazos dependen da póliza contratada. "Hai un prazo que depende das compañías de seguros, pero o noso consello é que o fagan canto antes", di Teresa Suárez, presidenta do Colexio de Administradores de Galicia.

O segundo paso: reunir cantas probas documentais se poida: fotos, vídeos, facturas das reparacións. En casos de fenómenos extraordinarios, como a borrasca Herminia, pode intervir o Consorcio de compensación de seguros. "A compañía de seguros xa vai canalizando en función de acreditar que efectivamente son danos extraordinarios porque logo dependen dos informes, do Instituto de Meteoroloxía".

Desprendementos en cornixas, tellados, fachadas. Son sinistros en zonas comúns de edificios das que teñen que responder os seguros das comunidades de propietarios. "Nós recomendamos que estean cubertos todos os riscos por unha póliza comunitaria e logo que cada quen asegure os seus propios bens para que logo non haxa problemas", apunta Teresa Suárez.

Da xestión das reclamacións comunitarias encárganse os administradores de fincas. Estes días teñen avalancha de solicitudes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade