Publicador de contidos
Publicador de contidos

O mellor dos produtos galegos do mar e do campo promóvense en Madrid Fusión

O mellor dos produtos galegos do mar e do campo promóvense en Madrid Fusión

É un dos mellores e máis consolidados escaparates do mundo en cuestión de gastronomía

19 empresas galegas utilizan os case 500 metros que a Xunta de Galicia puxo á súa disposición en Madrid Fusión

G24.gal 28/01/2025 12:27

Galicia promove en Madrid Fusión a calidade dos seus produtos gastronómicos. Dezanove empresas participan na exhibición do espazo que a Xunta de Galicia puxo á súa disposición neste foro, acompañado de showcookings, degustacións e presentación de produtos.

O conselleiro do Mar destacou a oportunidade de negocio que para os empresarios do país supón participar neste evento, considerado como un dos máis importantes do mundo para profesionais do sector gastronómico. 

"Despois de moitas edicións, Madrid Fusión converteuse nun punto de encontro imprescindible para todos os profesionais do sector da gastronomía e unha importante plataforma de negocio. Un espazo que as empresas utilizan para contactar con clientes, pero tamén para que o público poida gozar dos nosos produtos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade