O Goberno dá por resolta a crise de Muface tras elevar o contrato a 4.800 millóns de euros
O Goberno dá por resolta a crise de Muface tras elevar o contrato a 4.800 millóns de euros
A primeira reacción das aseguradoras foi positiva, pero teñen un mes para decidir se aceptan a oferta
As aseguradoras analizan a nova oferta do Goberno para garantir a continuidade de Muface.
O novo concerto sanitario mellora as anteriores propostas.
Sería por tres anos e o seu valor ascende a 4.800 millóns de euros, o que supón un incremento da prima dun 41 por cento. Unha oferta que o Executivo considera irresistible.
De feito, o Goberno dá por resolta a crise. Para a parte socialista, con éxito.
En Sumar insisten en que o sistema é anacrónico e que os funcionarios deberían pasar á sanidade pública.
"Temos sas pero contundentes discrepancias co ministro de Función Pública, eu creo que é unha mala noticia, unha noticia para nós decepcionante", di Mónica García, ministra de Sanidade.
As aseguradoras teñen un mes para decidir. De momento, o sindicato de funcionarios CSIF mantén a folga prevista para o 13 de febreiro.