Publicador de contidos
Publicador de contidos

O incendio dunha cociña obriga a desaloxar un edificio en Outes

O incendio dunha cociña obriga a desaloxar un edificio en Outes

As lapas comezaron na combota e calcinaron a cociña e o teito 

A dona, de 72 anos, saíu ilesa e foi quen avisou unha veciña do lume

G24.gal 30/09/2024 13:49

Un incendio na cociña dun quinto piso obriga a evacuar un edificio na Serra de Outes. A propietaria da vivenda, de 72 anos, resultou ilesa e foi a que avisou do lume unha veciña do inmoble. 

Angustia e moito medo foi o que viviron os veciños dun edificio da rúa Castelao na Serra de Outes na xornada de onte. Di unha veciña do edificio que foi a dona do piso a que lle avisou, polo que avisou ao 112. 

Parece que o lume se orixinou na cambota, as lapas propagáronse a gran velocidade e a columna de fume era tal que tiveron que desaloxar o edificio. "Veu xente con extintores e logo xa chegou a Garda Civil e xa mandaron desaloxar", explica Mónica, veciña do edificio. "Unha compañeira do centro de día chamoume para dicirme que estaba ardendo o tellado e mesmo xa avisaran aos bombeiros, os cales chegaron moi rápido", engade. 

O lume puido extinguirse sen lamentar danos persoais grazas á rápida intervención dos bombeiros de Boiro e os GES de Noia. Xa cara á tardiña os veciños puideron volver ás súas casas, agás os do cuarto andar e a dona do piso incendiado pois as lapas deixaron parte da vivenda sen teito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade