Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan se unha imprudencia causou o incendio mortal na residencia de Villafranca de Ebro

Investigan se unha imprudencia causou o incendio mortal na residencia de Villafranca de Ebro

A principal hipótese é que o lume prendeu de madrugada no cuarto dun dos residentes por causa dun cigarro

Hai dez falecidos por inhalación de fume e dous feridos hospitalizados, un permanece na UCI

G24.gal 16/11/2024 14:36

Continúa a investigación das causas do incendio na residencia zaragozana de Villafranca de Ebro onde faleceron dez persoas intoxicadas polo fume.

Un equipo de criminalística da Garda Civil traballará durante varios días no edificio para confirmar se unha imprudencia causou a traxedia. A principal hipótese é que o lume prendeu de madrugada no cuarto dun dos residentes por causa dun cigarro.

Algunhas fontes apuntan a que unha muller estaba a fumar á vez que recibía osíxeno na súa habitación. Ademais dos dez falecidos, hai dúas persoas que seguen hospitalizadas, unha delas permanece na Unidade de Coidados Intensivos.

Unha porta cortalumes evitou que a traxedia fose maior, impedindo que as lapas saíran do cuarto, pero non o fume. O Goberno de Aragón decretou para este sábado día de loito oficial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade