San Xoán de Río gaña poboación dende a pandemia grazas á chegada de novos habitantes
San Xoán de Río gaña poboación dende a pandemia grazas á chegada de novos habitantes
Hanan Tligui veu vivir co seu fillo para aldea de Mouruás en setembro buscando mellorar a calidade de vida
Con pouco máis de 500 habitantes, o concello ourensán de San Xoán de Río conseguiu frear o despoboamento nos últimos anos graza a chegada de novos veciños, procedentes de distintos puntos de España e mesmo de fóra, que decidiron cambiar de vida.
Miguel Pérez Blecua, alcalde de San Xoán de Río, destaca de que de perder entre 20 e 30 habitantes ao ano pasaron a subir 5 ou 6. A maior parte son xente que, tras xubilarse, decidiron retornar buscando unha mellor calidade de vida tras a pandemia pero tamén hai emprendedores que apostan por un futuro no rural.
Entre eles está Hanan Tligui. De orixe marroquí e con familia en Valencia decidiu cambiar esta comunidade por San Xoán de Río tras coñecer a zona grazas a uns amigos. Con ela trouxo o seu fillo, de 13 anos.