Galicia segue a ser a segunda comunidade máis envellecida de España tras Asturias
Por cada cen menores de 16 anos hai 224 persoas maiores de 64 anos
Galicia é a segunda comunidade máis envellecida de España, por tras de Asturias, segundo os datos referidos ao ano 2024 que acaba de publicar o Instituto Nacional de Estatística. Por cada cen menores de 16 anos hai 224 persoas maiores de 64 anos.
Estas cifras proporcionadas polo Instituto Nacional de Estatística (INE) non deixan de medrar en cada exercicio anual. Neste 2024, o do novo máximo histórico, en España contabilízanse 142 persoas de máis de 64 anos por cada cen menores de dezaseis.
En Galicia, onde tamén temos cifras récord, superamos en máis de seis puntos porcentuais o estado español. Ourense, a segunda provincia máis vella despois de Zamora, supera as 300 persoas maiores de 64 por cada cen adolescentes.
Pero que en cidades como a de Vigo, historicamente menos envellecida, xa hai o dobre de xubilados que de menores. Unha realidade social e demográfica que non sorprende a ninguén nas nosas rúas.
Natalidade
Na comunidade autónoma galega rexistráronse 19.333 falecementos máis que nacementos, que baixaron máis do 4 %. Ademais, é a que rexistrou un maior descenso da natalidade.
O INE detecta que en 2024 aumentaron as mulleres que foron nais por primeira vez aos 45 anos. Un exemplo claro é que nas áreas sanitarias de Vigo e Pontevedra as nais entre 45 e 49 subiron un 24 % respecto ao ano anterior, ao 2023.