OPINIÓN
Non temos solo, por Venancio Salcines
As políticas urbanísticas e a realidade demográfica viven en mundos paralelos. Mentres os concellos parece que seguen traumatizados polas desfeitas da burbulla inmobiliaria a demanda de vivenda segue a medrar, tanto polo crecemento da demografía como pola entrada de poboación inmigrante. Agora mesmo temos en Galicia 175.000 persoas nacidas noutro país, e nos tres últimos anos chegaron 22.000 persoas, mais outras que tamén están a sumar pero que non contabilizan como estranxeiras porque teñen pasaporte español.
Estamos diante dun crecemento da demanda e da poboación que non ten un reflexo na oferta da vivenda. Motivos? Esencialmente falta de solo urbano e dificultades financeiras para o promotor. Do primeiro debemos mirar para os concellos, e para o segundo deberíamos botar unha ollada ás autoridades financeiras, dadas a penalizar o crédito ó promotor.
Unha solución pasa esencialmente por solucionar estes dous aspectos. Xerar máis solo e incentivar que os bancos relaxen o seu financiamento ós promotores privados.