Levan 30 anos pedindo a retirada das liñas de alta tensión da urbanización arteixá Sol e Mar
Engaden que son titularidade da Rede Eléctrica de España e que, tras un estudo, calcularon que a súa retirada custaría case 10 millóns de euros
Os veciños da urbanización Sol e Mar, da parroquia arteixá de Oseiro, seguen en guerra por mor do tendido eléctrico.
Hai quen leva convivindo con estas torres de alta tensión máis de trinta anos. Outros veciños que chegaron aquí entre o 1980 e 1995 optaron por marchar. Viven rodeados de xigantes de ferro. E nalgúns casos non hai nin 10 metros de distancia entre as casas e as liñas de alta tensión. Pero o certo é que estas torres colocáronas antes de que se construíse esta urbanización na que viven máis dun milleiro de persoas.
Desde o Concello aseguran que as liñas de alta tensión afectan só a un edificio e que xa pediron que as afastasen del. Engaden que son titularidade da Rede Eléctrica de España e que, tras un estudo, calcularon que a súa retirada custaría case 10 millóns de euros.