Publicador de contidos
Publicador de contidos

Noite con centos de magostos por toda a provincia de Ourense

Noite con centos de magostos por toda a provincia de Ourense

As festas de castañas van ser as protagonistas ata o San Martiño

Viño novo, bica e chourizos completan o menú tradicional

G24.gal 09/11/2024 20:42

Magostos nos barrios da cidade de Ourense, pero tamén en concellos pequenos como este de Lobeira, de menos de mil habitantes. Todos os veciños colaboran e participan nunha festa na que a fartura é a protagonista.

"Temos tres clases de empanadas, bolos preñados, viño e bicas. E castañas".

"Trouxemos licores que se fan co bullo desta zona".

O ritual da preparación das castañas é o máis importante. Nestes bombos adquiren o punto de asado perfecto e perden a humidade que aínda poidan conservar. Os veciños pasaron moitas horas apañando nelas e agora queren degustalas do mellor xeito posible.

"As castañas collémolas aquí en Lobeira e estámolas preparando coma sempre".

En Ourense cidade, os grupos de amigos, coma estes do barrio da Ponte, reúnense a carón do lume- O menú é moi semellante en todos os magostos coa carne de porco, as castañas, o viño, o licor e a bica.

"Viño hai o que se queira. Pero non se deben facer os chourizos nel".

Esta noite había 11 magostos organizados polos concellos e centos deles veciñais. E mañá e o luns continúa a festa por toda a provincia de Ourense coa sorte, ademais, de que o bo tempo está a acompañar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar