Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os ourensáns bótanse á rúa para honrar o San Martiño cos magostos

Os ourensáns bótanse á rúa para honrar o San Martiño cos magostos

En todos os barrios os veciños organizaron a súa festa

A celebración principal tivo lugar no centro da cidade

G24.gal 11/11/2024 19:51 Última actualización 11/11/2024 20:34

Dende primeira hora da mañá, en todos os barrios de Ourense, como este de Castro de Beiro, os veciños preparaban as castañas e o resto do menú propio do magosto para honrar o San Martiño nunha das festas máis senlleiras da cidade.

"O lume é imprescindible para facer todo o que ten que ver co magosto".

A colleita de castañas deste ano foi moi boa en canto a calidade e estado sanitario, aínda que menor en cantidade ca outras campañas. Por iso, había colas no magosto principal, o do centro da cidade, para degustalas.

"Vén moita xente porque este ano as castañas son moi boas".

Ademais de castañas, houbo tamén viño do país e bolos preñados. Así que, xa co bandullo cheo, só quedaba gozar da música e do baile nesta xornada de troula.

"Moi ricas e moi sas, porque son galegas".

"E agora, a acabar a troula coa Olympus".

Pero a festa non para e na fin de semana hai previstos máis magostos en Lobios, Montederramo ou Arnoia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar