Case 10.000 participantes na Carreira Pedestre do San Martiño en Ourense
Case 10.000 participantes na Carreira Pedestre do San Martiño en Ourense
As rúas do centro da cidade estiveron ateigadas de corredores
Workneh Fekiri e Ester Navarrete foron os gañadores
9.735 foron as persoas que participaron na edición número 47 da carreira pedestre e popular do san Martiño. Todo un éxito de asistencia á proba máis importante do calendario galego e que require dun intenso traballo antes e durante a competición.
"A carreira está organizada para que corran en función das súas marcas.", di Claudio Hornillos, da Federación Galega de Atletismo
"Somos 50 persoas colocadas en diferentes puntos para dar resposta inmediata.", explican dende Protección Civil
Entre os participantes, xente de toda idade e procedencia. Dende xubilados ata cativos de poucos anos e corredores chegados de toda Galicia, doutras comunidades e mesmo de Portugal. Cada un coas súas motivacións, ningún afeccionado ao atletismo quixo perder a oportunidade de correr en Ourense.
"Teño máis de 60 anos e corro todos os días. Gústame."
"Moi bo ambiente. Vimos de Portugal. É a primeira vez."
"O importante é completar a carreira e pasalo o mellor posible."
Antes da carreira gardouse un minuto de silencio polas vítimas das riadas en Valencia. Os gañadores da proba absoluta foron o etíope asentado en Narón Workneh Fikire e a viguesa Ester Navarrete.