11 de novembro, San Martiño, o día grande dos magostos
11 de novembro, San Martiño, o día grande dos magostos
En máis de 30 concello é festivo, a maioría están en Ourense que é a provincia con máis tradición de magostos
A maioría dos ourensáns teñen hoxe o día libre polo San Martiño. Desde ben cedo prepararon os chourizos e as castañas para cumprir coa tradición e facer o magosto. A meteoroloxía non pode ser mellor e iso fai prever unha trasfega intensa de veciños entre as vilas e cidades e os montes que as rodean.
Feira en Teo
Pero tamén noutros puntos de Galicia, como en Teo, que celebra unha feira cabalar con máis de 500 anos de tradición. É a Feira Cabalar de San Martiño de Francos.
A trata de gando abriu ben cedo, ás seis da mañá, dando paso logo a unha xornada na que, ademais do protagonismo equino, tamén hai espazo para a artesanía, a gastronomía e a diversión para todas as idades.