Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha parella de Zamáns ilumina a súa casa polo Nadal con máis de 30.000 luces led

Unha parella de Zamáns ilumina a súa casa polo Nadal con máis de 30.000 luces led

O deseño da iluminación está feito por Ángel Javier, electricista de profesión

Ángel Javier e Maica iluminan todos os anos a súa casa en Zamáns
G24.gal 20/11/2024 20:49 Última actualización 20/11/2024 21:19

Dende hai sete anos, o Nadal brilla ao grande na casa dunha parella da parroquia viguesa de Zamáns. Ángel Javier e a súa muller Maica explican que todo comezou durante a pandemia. Pasaban moito tempo na casa e preparar a iluminación converteuse nunha distracción. A súa familia non ía poder xuntarse e para eles as luces foron como un símbolo de que estaban ben co que quixeron transmitir algo de alegría.

Cada Nadal que pasaba foi a máis adecoración, chegando a este ano con máis de 30.000 luces led. Ángel Javier, electricista de profesión,  foi quen de dar vida a espectaculares figuras ou a árbores de máis de 11 metros que agochan múltiples horas de traballo. A súa muller explica que durante meses pasa todo o día traballando e incluso pide vacacións para dedicarlle máis tempo. O traballo comeza moitos meses antes e a montaxe lévalles un mes. Cando a iluminación queda inaugurada, Ángel Javier xa comeza o deseño do próximo Nadal. Fai o bosquexo sobre papel, pensando que cousas pode mellorar e buscando que a iluminación sexa sempre diferente.

Nesta casa hai traballo pero gana a ilusión polo Nadal e a necesidade desta parella de compartir esa ledicia con calquera que queira visitalos. De feito, cada tarde abren as portas da súa casa para que calquera poida ver as luces. O que máis ilusion lles fai é ver a cara dos cativos e contaxiar ilusión nesta festas. Este ano, a apagada das luces coincidirá coa xubilacion de Ángel Javier. Iso si, xubílase do traballo, pero non do Nadal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos