Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia presenta o seu modelo educativo na feira SIMO de Madrid

Galicia presenta o seu modelo educativo na feira SIMO de Madrid

O conselleiro de Educación visitou o Salón Internacional de Tecnoloxía e Innovación Educativa

Posto da Xunta no Salón Internacional de Tecnoloxía e Innovación Educativa 2024
G24.gal 20/11/2024 19:18 Última actualización 20/11/2024 19:39

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez; visitou este mércores en Madrid o Salón Internacional de Tecnoloxía e Innovación Educativa 2024, un dos eventos "máis importantes no ámbito da tecnoloxía para os profesionais do ensino en España".

Román Rodríguez explicou que Galicia expuxo por primeira vez nesta feira o seu modelo educativo, o cal pretende chegar a ser "un referente a nivel nacional e internacional".

Tal e como comunicou a Xunta en nota de prensa, o posto chamou a atención polo uso de "intelixencia artificial, tecnoloxías innovadoras, unha pantalla holográfica e distintos vídeos divulgativos". Ademais, destacou a "potente rede de centros integrados de Formación Profesional".

Segundo informou a Xunta, Galicia sitúase entre "as comunidades con máis investimento por alumno". Ademais, faino tamén como "a comunidade que mellor garante a igualdade de oportunidades entre o alumnado" e a que ten "mellor nivel de inglés".

Con todo, o conselleiro expresou que "non nos podemos conformar, pois debemos avanzar na calidade, a equidade e na igualdade de oportunidades".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade