Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lituania vincula os dous españois detidos con campañas de sabotaxe rusas

Lituania vincula os dous españois detidos con campañas de sabotaxe rusas

Atópanse detidos en Lituana recibindo asistencia consular

Gitanas Nauseda, presidente de Lituania / EP Gitanas Nauseda, presidente de Lituania / EP
G24.gal 20/11/2024 19:03

O Goberno de Lituania vinculou este mércores os dous españois detidos por un presunto intento de atentado cunha campaña de actos de sabotaxe atribuída con anterioridade aos servizos de intelixencia rusos. O acto terrorista tivo lugar en setembro en Siauliai, unha cidade ao norte do país, nas instalacións da empresa TVC Solutions. É unha fábrica de sistemas de televisión e radio, con filiais en Belarús, Ucraína ou Xeorxia.

"Temos un adversario que ten a capacidade de planificación, que ten os recursos, que pode actuar globalmente e que está moi estendido en termos de Europa continental e que puxo a vista en obxectivos en Lituania", afirmou Kestutis Brudys, asesor xefe de seguridade do presidente lituano, Gitanas Nauseda, en conversa coa televisión pública LRT e facendo alusión a Rusia.

Os actos tanto errados como exitosos que se fixeron públicos en Lituania, como o incendio dunhas instalacións de IKEA en maio ou o envío de paquetes explosivos a Alemaña e o Reino Unido en agosto, son só "unha parte da imaxe completa" do que está a ocorrer, asegurou o Brudys.

Pola súa banda, o ministro de Defensa do país báltico, Laurynas Kasciunas apunta ao mesmo culpable e afirma que hai que tomar medidas efectivas para amosar a Rusia que non se tolerarán este tipo de actos terroristas.

Os españois detidos

O pasado martes 19 de novembro, a Fiscalía de Lituania anunciou a investigación dos dous españois responsables do acto terrorista errado. Foron detidos en Riga, capital da veciña Letonia e posteriormente metidos en cadea preventida na cidade de Kaunas, en Lituania. O Ministerio de Asuntos Exteriores español afirma que están a recibir asistencia consular.

Segundo fontes dos servizos de seguridade, os presuntos culpables voaron ata Riga, desde onde viaxaron ata Siauliai provistos cos materiais inflamables. Esta versión tamén afirma que non os chegaron a empregar porque foron detidos previamente, aínda que si que trataron de facer crer aos seus presuntos contactos rusos de que si cumpriran a orde, empregando fotografías falsas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade