Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rusia confirma o primeiro ataque ucraíno con mísiles de longo alcance estadounidenses

Rusia confirma o primeiro ataque ucraíno con mísiles de longo alcance estadounidenses

Segundo o parte de guerra, cinco mísiles foron derrubados e os fragmentos dun sexto impactaron de fabricación no recinto dunha instalación militar na rexión fronteiriza de Briansk

Putin aproba doutrina que permite unha resposta nuclear a un ataque convencional

A guerra en Ucraína fai 1.000 días, entre a incerteza polos próximos movementos internacionais

Reuters Reuters
G24.gal 19/11/2024 13:42

O Ministerio de Defensa de Rusia confirmou hoxe o primeiro ataque ucraíno con mísiles balísticos de fabricación estadounidense ATACMS contra unha instalación militar en territorio deste país.

Segundo o parte de guerra, cinco mísiles foron derrubados e os fragmentos dun sexto impactaron de fabricación no recinto dunha instalación militar na rexión fronteiriza de Briansk.

"Como resultado, declarouse un incendio que foi operativamente extinguido. Non hai mortos nin feridos", sinala o comunicado castrense colgado en Telegram.

O ataque foi perpetrado ás 03:25 da madrugada, "segundo datos confirmados, co uso de mísiles tácticos ATACMS de fabricación estadounidense".

As baterías antiaéreas S-400 e Pantsir abateron cinco dos mísiles, precisa o comunicado.

Previamente, o Estado Maior ucraíno informara, sen dar detalles do armamento utilizado, sobre un ataque exitoso contra un arsenal do Exército ruso en Briansk.

Segundo informaron o domingo medios occidentais, o presidente dos EUA, Joe Biden, autorizou a Kiev o emprego de mísiles de longo alcance contra obxectivos en territorio ruso.

A prensa informou en principio de que o permiso unicamente incluía a rexión fronteiriza de Kursk, parcialmente ocupada por tropas ucraínas desde agosto e onde Moscova despregaría miles de soldados norcoreanos.

Precisamente, en resposta á decisión de Washington, o presidente ruso, Vladimir Putin, aprobou este luns a nova doutrina nuclear rusa que permite o emprego de armamento atómico en caso de ataque convencional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade