Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pechan as embaixadas de España e dos EUA en Kíiv ante un posible ataque masivo ruso

Pechan as embaixadas de España e dos EUA en Kíiv ante un posible ataque masivo ruso

As autoridades ucraínas confirman que Rusia ten preparados mísiles balísticos e de cruceiro para lanzar un "ataque aéreo de gran magnitude"

Kíiv teme represalias de Moscova tras o primeiro ataque ucraíno con mísiles de longo alcance estadounidense rexistrado este martes en territorio ruso

Ucraína utiliza por primeira vez os mísiles británicos en territorio ruso

G24.gal 20/11/2024 09:27 Última actualización 20/11/2024 10:56

Dispáranse as alarmas en Ucraína ante unha posible resposta de Moscova tras o ataque perpetrado este martes en territorio ruso con mísiles de longo alcance estadounidense.

As autoridades daquel país confirmaron este mércores que Rusia ten preparados mísiles balísticos e de cruceiro para lanzar un bombardeo masivo.

“Permítanme lembrarlles que os rusos estiveron acumulando mísiles durante meses para unha serie de ataques contra Ucraína”, dixo o xefe do Centro contra a Desinformación do Consello de Defensa e Seguridade Nacional de Ucraína.  Ademais de mísiles, Rusia tamén ten preparados barcos e avións para golpear con forza o país.

Como medida de seguridade, a embaixada de España e dos EUA en Kíiv acordaron suspender a súa actividade durante toda a xornada debido ao “risco aumentado de que se produzan ataques aéreos en toda Ucraína”, segundo anunciou a legación diplomática nun correo enviado aos españois residentes en Ucraína.

No seu correo aos residentes españois, a embaixada de España recoméndalles “que extremen as medidas de seguridade, que cumpran con todas as recomendacións das autoridades locais e que teñan sempre localizado un refuxio”.

O anuncio chega pouco despois de que a embaixada de Estados Unidos suspendese as súas actividades ao recibir “información sobre potencial un ataque aéreo significativo o 20 de novembro”.

Minas antipersoas estadounidenses e mísiles de longo alcance para frear o avance ruso en Ucraína

Ucraína empregou este martes mísiles balísticos estadounidenses ATACMS para atacar obxectivos militares situados en territorio ruso, despois de que Washington dese luz verde a Kíiv para bombardear territorio inimigo con este tipo de armamento.

Ademais, o presidente saínte dos EUA, Joe Biden, autorizou a subministración de minas terrestres antipersoas a Ucraína, segundo informaron funcionarios da administración norteamericana a varios medios estadounidenses.

Washington espera que Ucraína utilice as minas no seu propio territorio e comprometeuse a non usalas en zonas poboadas polas súas propios civís.

O Goberno de Volodomir Zelenski leva desde o principio da guerra reclamando este armamento porque ao seu xuízo contribúe a conseguir "unha defensa máis eficaz”.

Nunha entrevista televisada este martes na cadea Fox News, Zelenski admitía que se os Estados Unidos recorta os fondos enviados a Ucraína, "creo que perderemos" a guerra.

"Quedaremos e loitaremos. Temos produción, pero non é suficiente para gañar. E creo que non é suficiente para sobrevivir", asegura Zelenski, que reclamou ademais unidade en Ucraína, en Europa e cos Estados Unidos para poder vencer a Rusia despois de 1.001 días de guerra.

O temor á represalia rusa é alto, máis aínda despois de que Vladimir Putin cambiase a doutrina nuclear do país para contemplar o uso de armamento atómico en resposta a ataques con armas convencionais.

Coincidencia ou non, o goberno de Suecia, país membro da OTAN, repartiu entre aos seus cidadáns un manual con consellos sobre como actuar en caso de guerra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade