Publicador de contidos
Publicador de contidos

Estes son os 26 locais galegos recoñecidos cun Solete na Guía Repsol 2024

Estes son os 26 locais galegos recoñecidos cun Solete na Guía Repsol 2024

G24.gal 11/11/2024 15:58 Última actualización 11/11/2024 18:48

A Guía Repsol recoñece cos seus Soletes 26 restaurantes, bares, cafeterías, vinotecas e establecementos de fast good (comida rápida saudable). Forman parte dun total de máis de 300 seleccións en toda España neste 2024.

 

Por provincias, a repartición destes 26 establecementos galegos é a seguinte: lidera A Coruña, con nove; séguenlle tanto Lugo como Pontevedra, ambas as dúas con sete; e Ourense, con tres.

Os establecementos con este recoñecemento na provincia da Coruña son: os bares O Gato Negro (Santiago), Oliva Bar e Levar (Ferrol) e O Ribeiro (Corcubión); os restaurantes Os Arcos (Betanzos) e Arco da Vella (Fisterra); os locais de fast good Chichalovers (Santiago) e Jumbo H1 (A Coruña); e as vinotecas Casa Ponte e Rodolfus (ambas as dúas na cidade da Coruña).

A lista en Lugo é: os restaurantes Villacol (Cervantes), As Triegas (Folgoso do Courel), Mazo de Santa Comba (Lugo), A Taberna de Montse (Riotorto) e Cantábrico (Lugo); así como as cafeterías La Alianza (Mondoñedo) e Delicias Roasters (Ribadeo).

Os sete recoñecementos en Pontevedra son: o bar Campos (Vilagarcía); a cafetería El Molino (Vigo); ademais dos restaurantes Muíño da Chancha (Meaño); La Viuda (Pontevedra); Besadío (Pazos de Borbén), O Regato Pequeno (Pontevedra) e O Con de Aldán (Cangas).

Mentres, Ourense conta con tres selecciones: os establecementos de fast good Pepinillo (Ourense) e Italia (Verín), xunto ao bar Catador (Ourense).

Guía Repsol seleccionou máis de 300 novos Soletes con arraigamento repartidos por toda España, xa que nesta edición réndese homenaxe á tradición. En total, xa supera os 4.400 distintivos amarelos na súa vocación de chegar a toda a xeografía.

Os Soletes recoñecen o valor de negocios que resistiron o paso dos anos e as modas sen perder encanto e clientela, e apoia tamén a xente nova que arrinca co seu primeiro proxecto. Seguindo esta filosofía, Guía Repsol centrouse nas capitais de provincia de toda España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar