Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un septuaxenario tras caer co seu coche por un terraplén de 80 metros en Quiroga

Morre un septuaxenario tras caer co seu coche por un terraplén de 80 metros en Quiroga

O accidente foi o sábado pero non localizaron o turismo ata que uns compañeiros de caza do home que vivía só o botaron de menos este domingo pola mañá

O vehículo accidentado que conducía o septuaxenario en Quiroga O vehículo accidentado que conducía o septuaxenario en Quiroga
G24.gal 17/11/2024 17:02 Última actualización 17/11/2024 19:46

Os bombeiros rescataron este domingo o cadáver dun home de 73 anos ao día seguinte de caer co seu coche por un barranco duns 80 metros na LU-P-5001 no lugar de Vilarmel, entre Ponte Barreiro e Vilarbacú.

O turismo caeu por un terrraplén duns 80 metros. O falecido, veciño de Quiroga era o único ocupante do turismo. O accidente foi o sábado, pero como o home vivía só en Vilarmel, unha zona rural con poucos veciños, ninguén o botou en falta ata este domingo pola mañá.

Foron os seus compañeiros dun grupo de cazadores os que se deron conta de que algo pasaba  e deron o aviso. A estrada na que se rexistrou a saída da vía é moi sinuosa.

Ata o lugar do accidente desprazáronse efectivos das Urxencias Sanitariasde Galicia-061, os bombeiros de Monforte, do GES de Quiroga e de Protección Civil e mais axentes da Garda Civil de Tráfico para investigar as circunstancias do accidente e regular a circulación na zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade