O Barcelona prepara o partido do Celta sen Lamine Yamal
O Barcelona prepara o partido do Celta sen Lamine Yamal
Éric García e Ferrán Torres tampouco poderán chegar á cita de Balaídos, pero Lewandowski semella recuperado
A grande estrela do Barcelona, Lamine Yamal, non estará en Balaídos o vindeiro sábado (21:00 horas). Yamal perdeu o partido da Real Sociedade por un problema no nocello e non puido ir á concentración coa selección española. Agardábase que esta semana puidese entrar co traballo do grupo, pero Flick prefire non apurar e agardará para vindeiros compromisos para telo en plenitude de facultades.
Tampouco estarán no partido contra o Celta Éric García e Ferrán Torres. Os dous continúan recuperándose das súas doenzas e tampouco chegarán a tempo para o encontro en terras galegas. O que si fai adestramento con normalidade é Robert Lewandowski. O máximo goleador do líder da Liga tamén estaba mancado e tampouco viaxou con Polonia nesta xanela internacional. Aproveitou para recuperarse totalmente e viaxará a Vigo.