Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Policía propón para sanción a 148 afeccionados do Deportivo - Málaga

A Policía propón para sanción a 148 afeccionados do Deportivo - Málaga

As sancións poden conlevar un montante total superior ao millón de euros e prohibición de entrada nos estadios de 1 a 6 meses

G24.gal 21/11/2024 21:05

A Policía Nacional propuxo para sanción a 148 afeccionados polos incidentes acontecidos na Coruña antes da celebración do partido entre o Deportivo e o Málaga o pasado 6 de outubro. Ultras do Málaga xeraron disturbios, esnaquizaron un bar e causaron danos materiais. Tamén foron detidos e identificados afeccionados do Deportivo por altercados na praza de Pontevedra antes do partido. 

Deste xeito ascenden a 165 as persoas identificadas e propostas para sanción que poden superar os 1.053.601,55 euros en función da gravidade das mesmas. Ademais, nalgún caso conleva a prohibición de acceso aos recintos deportivos por un período entre 1 e 6 meses. 

O partido entre o Deportivo e o Spórting, que se xoga esta fin de semana, foi declarado de alto risco. A Policía indicou que se vixiará o cumprimento das disposicións recollidas na Lei contra a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade