Publicador de contidos
Publicador de contidos

Carlos Canal renova polo Movistar ata o 2028

Carlos Canal renova polo Movistar ata o 2028

Tiña unha temporada máis de contrato, pero o único equipo español Pro Tour aposta forte polo limiao

G24.gal 21/11/2024 18:07

Carlos Canal amplía a relación co Movistar ata 2028. Son tres anos máis de contrato porque remataba o a súa relación co único equipo UCI Pro Tour de España a finais de 2025. O ciclista de Xinzo de Limia é o corredor galego do máximo nivel. O de Xinzo ten 23 anos e leva en profesionais desde 2020. Canal ten dobre mérito porque non pasou polo campo amateur. Xunto ao ciclista galego, o Movistar renovou tamén ata 2028 outras catro promesas do seu equipo como Jon Barrenetxea, Iván Romeo, Pelayo Sánchez e Javi Romo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar