Publicador de contidos
Publicador de contidos

Soler gaña nos Lagos, O'Connor segue líder e Van Aert abandona por unha caída

Soler gaña nos Lagos, O'Connor segue líder e Van Aert abandona por unha caída

Este mércores dispútase a décimo sétima etapa entre Arnuero e Santander, de 141,5 km

Foto EFE
G24.gal 03/09/2024 18:00 Última actualización 03/09/2024 22:18

O español Marc Soler impúxose na décimo sexta etapa da Volta disputada entre Luanco e Lagos de Covadonga, de 181,3 quilómetros, na que salvou o liderado o australiano Ben O'Connor (Decathlon) por 5 segundos.

Soler chegou á meta de Lagos de Covadonga en solitario cun tempo de 4h.44.46, a unha media de 38,2 km/hora. Seguiulle o italiano Filippo Zana a 18 segundos e o británico Max Poole a 23.

O grupo dos favoritos con Enric Mas, Richard Carapaz e Primoz Roglic chegou a 3.54, e o líder Ben O'Connor a 4.51.

O'Connor seguiu coa camiseta vermella de líder, agora con Roglic a 5 segundos e Enric Mas a 25.

 

O belga Wout van Aert (Visma-Lease bike) abandonou tras sufrir unha caída no descenso da Colllada Llemena, porto de primeira previo á subida aos lagos.

Este mércores dispútase a décimo sétima etapa entre Arnuero e Santander, de 141,5 km.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos