Publicador de contidos
Publicador de contidos

Roglic gaña en Moncalvillo e é o novo líder da Volta

Roglic gaña en Moncalvillo e é o novo líder da Volta

Roglic lidera cunha vantaxe de 1,52 sobre O'Connor, a terceira praza é para Enric Mas a 2,20

Foto EFE
G24.gal 06/09/2024 17:48 Última actualización 06/09/2024 17:53

O esloveno Primoz Roglic (Red Bull Bora) impúxose na décimo novena etapa da Volta disputada entre Logroño e o Alto de Moncalvillo, de 173,2 km de percorrido, e é a nova camisola vermella.

Roglic gañou en solitario cun tempo de 3h.54.55, a unha media de 42,1 km/hora, seguido a 46 segundos por Gaudu e Skjelmose, a 50 por Enric Mas, a 57 Carlos Rodríguez, Richard Carapaz a 1,03 e o exlíder Ben O'Connor a 1,49.

Na xeral Roglic pasa ao mando, agora cunha vantaxe de 1,52 sobre O'Connor, a terceira praza é para Enric Mas a 2,20.

Este sábado dispútase a vixésima etapa entre Villarcayo e Picón Blanco, de 172 km

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade