Primoz Roglic, tetracampión da Volta a España
Primoz Roglic, tetracampión da Volta a España
A contra o reloxo final confirmou o podio en que o escoltaron O’Connor e Enric Mas
Küng gañou a última etapa en Madrid
Primoz Roglic xa é historia viva da Volta a España. O esloveno proclamouse gañador por cuarta vez, co que iguala no palmarés a Roberto Heras. Pero o seu triunfo non foi sinxelo. Tivo que empregarse a fondo para sacar do liderado ao sorprendente O’Connor, que estivo a piques de converter unha gran vitoria de etapa non triunfo xeral. So Roglic puido impedilo, porque O’Connor é un máis que digno subcampión.
A última contra reloxo non tiña moito en xogo de cara á xeral, xa cunha sólida vantaxe por parte de Roglic. Correuna con seriedade, sabendo do histórico do momento. E, aínda sen nada en xogo, estivo a piques de gañala. So un especialista, o suízo Küng, foi quen de superalo por 31 segundos.
A loita polo resto de postos do podio non tivo emoción. Ben O’Connor confirmou o segundo cun undécimo posto a 1’05", mentres que Enric Mas e Richard Carapaz cravaron os tempos quedando como estaban, terceiro e cuarto.
Será unha Volta a España lembrada tamén polas exhibicións de Van Aert, que tivo que abandonar cando vestía os maillots verde e da montaña, e do modesto Kern Pharma, capaz de gañar tres etapas.