Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta marca as liñas de traballo no plan 2028

O Celta marca as liñas de traballo no plan 2028

A presidenta Mouriño aposta por recuperar o músculo económico, reforzar o social e deportivo e polo crecemento de Afouteza

Tamén falou e establecer relacións internacionais con equipos para a mellora dos xogadores

G24.gal 20/11/2024 19:47

O Celta celebrou a súa Asemblea de Accionistas na que a presidenta Marián Mouriño, no seu primeiro ano no mandato, presentou o plan 2028. Un documento no que se recollen as liñas mestras do proxecto a longo prazo. 

Tres obxectivos moi claros serán reforzar a conexión coa comunidade, mellorar a competitividade deportiva e recuperar consistencia económica. Tamén falou da ampliación de Afouteza non só como lugar de adestramento senón como casa do Celta Fortuna e As Celtas para xogaren os seus partidos. E tamén se referiu ás alianzas que está a buscar o Celta con equipos internacionais co propósito de foguear e descubrir novos talentos deportivos. Así o demostran as conversas que houbo no verán co equipo portugués do Paços de Ferreira para entrar como accionista. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade