Cristian Herrera: "Estamos traballando para encontrar a regularidade"
Cristian Herrera: "Estamos traballando para encontrar a regularidade"
O dianteiro foi titular no partido fronte ao Almería
O Deportivo busca afastarse dos postos de descenso o antes posible
O dianteiro do R. C. Deportivo de la Coruña recoñeceu en rolda de prensa a necesidade do equipo da regularidade na competición, co obxectivo de afastarse dos postos de descenso: "Estamos traballando para encontrar esa regularidade, que é o que queremos, para afastarnos dos postos de descenso e que o equipo se sinta cómodo".
Cristian, que foi titular ante a U. D. Almería, recalcou a importancia que ten xogar en Riazor para o equipo: "É unha emoción moi grande ter Riazor cada fin de semana cheo".
O dianteiro falou tamén da figura de Lucas Pérez como líder do equipo: "Lucas é un motivador, sabe que estea quen estea vaille esixir o máximo". Falou tamén das molestias de Yeremay, que tivo que abandonar a concentración coa selección sub-21 por unhas molestias no xeonllo: "Está facendo o traballo que lle mandan os médicos, non sei se estará para esta semana ou non".
O Deportivo atópase fóra dos postos de descenso con 16 puntos e enfrontarase o domingo 24 fronte ao Sporting de Xixón.