Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detidos dous veciños de Boiro por un roubo nunhas obras de reforma dun edificio

Detidos dous veciños de Boiro por un roubo nunhas obras de reforma dun edificio

 Os ladróns xa eran coñecidos pola policía polos seus antecedentes. Os axentes puideron recuperar parte dos efectos subtraídos e a investigación segue aberta para poder localizar os que faltan.

Obxectos roubados da reforma dun edificio en Boiro. (Fonte: Garda Civil - Ministerio do Interior Obxectos roubados da reforma dun edificio en Boiro. (Fonte: Garda Civil - Ministerio do Interior
G24.gal 20/11/2024 11:49

Axentes da Garda Civil do posto de Boiro detiveron dous homes, veciños desta localidade, como supostos autores dun roubo cometido a principios de mes nun edificio en obras.

Segundo informaron fontes da Comandancia, a investigación iniciouse por mor da denuncia da empresa que estaba a traballar na reforma do inmoble. Así, informaron de que na madrugada do 3 ao 4 de novembro alguén accedera ao edificio e subtraera diversa maquinaria e electrodomésticos.

A Garda Civil identificou dous sospeitosos como presuntos autores dese roubo, e procedeu á súa detención.

Tratábase de dous homes xa coñecidos polas forzas policiais, polos seus antecedentes por roubos. Os axentes puideron recuperar parte dos efectos subtraídos e a investigación segue aberta para poder localizar o resto de obxectos roubados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade