Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rouban en varios talleres mecánicos coruñeses na noite do domingo

Rouban en varios talleres mecánicos coruñeses na noite do domingo

Dunha nave de Tordoia levaron un todo terreo e ferramentas, dun taller de Mesía fuxiron con dous coches e tamén intentaron roubar noutros dous da comarca

Taller de Mesía de onde fuxiron con dous coches despois de rebentar a porta da nave
G24.gal 19/11/2024 14:13

Sospeitan que é un grupo formado por tres ou catro individuos os que a noite do domingo ao luns roubaron en talleres da provincia da Coruña distantes entre si varias ducias de quilómetros.
Neste, do concello de Tordoia, levaron un todo terreo e tamén ferramentas do interior da nave, á que accederon tras forzar unha porta.

O coche localizárono a mañá de onte, con algúns danos e sen chaves, a 30 quilómetros, segundo conta o seu dono, Francisco Suárez Becerra.

E é que o vehículo estaba no taller para a reparación dun fallo eléctrico. Apareceu nunha leira de Mesía, onde, supostamente, volveu deixar tirados os ladróns. De alí dirixíronse a estoutro taller. Rebentaron a pechadura dobre e fuxiron con dous coches e un arrancador, segundo explica José Manuel,  propietario do negocio.

Ao parecer, os dous vehículos roubados foron vistos en manobras raras en Abegondo, despois de que os mesmos individuos tentaran roubar noutros dous talleres da comarca. A Garda Civil analiza no todo terreo de Tordoia pegadas para identificar os autores e busca os dous coches.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar