Publicador de contidos
Publicador de contidos

O pico da gripe agárdase para mediados do mes de xaneiro

O pico da gripe agárdase para mediados do mes de xaneiro

No que levamos de outono, os contaxios en Galicia están moi por debaixo da media nacional

A tempada de gripe estará marcada pola convivencia entre as enfermidades respiratorias e a COVID

G24.gal 19/11/2024 14:17

O frío e xuntarnos máis en espazos pechados son a receita perfecta para a propagación das infeccións respiratorias. 

Durante o que levamos de outono, a taxa de contaxios en Galicia, con algo máis de 196 casos por cen mil habitantes, está moi por debaixo da media nacional, con máis de 550 casos por cen mil habitantes. 

Será unha tempada típica co pico máximo de contaxios durante a segunda e a terceira semana de xaneiro. Os expertos aconsellan tratar os síntomas a tempo e cos medicamentos adecuados. 

A prevención é a mellor medida para evitar os contaxios. 

A tempada de gripe, que comeza este mes e estendese ata abril ou maio, estará marcada de novo pola convivencia entre a gripe e outras enfermidades respiratorias coa COVID.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade