Cargando resultados...
Applus traslada a Galicia a sede social da súa división Automotive
Applus traslada a Galicia a sede social da súa división Automotive
A empresa xestiona en Galicia 26 estacións fixas e 11 móbiles
G24.gal
19/11/2024 14:09
A multinacional Applus decidiu trasladar a Galicia a sede social da súa división Automotive, que é a que está encargada das ITV, con máis de 600 traballadores.
A decisión de converter esta localidade coruñesa de Sada no seu centro operativo débese, en parte, a que aquí é onde se localiza a sede da concesionaria das ITV en Galicia.
A empresa xestiona un total de 26 estacións fixas e outras 11 móbiles, e aquí está tamén a sede doutras sociedades que forman parte deste mesmo grupo, que en Galicia realiza máis de 1,6 millóns de inspeccións ao ano, factores que a consolidan como clave no sector.