Publicador de contidos
Publicador de contidos

O empresario mexicano Olegario Vázquez Raña recibe o premio Ourensanía 2024

O empresario mexicano Olegario Vázquez Raña recibe o premio Ourensanía 2024

O galardón recoñece a súa vinculación con Ourense, especialmente con Avión, a terra dos seus pais

O presidente da Xunta puxo en valor o papel dos emigrantes na construción dunha Galicia moderna

O magnate ten unha dilatada traxectoria empresarial, deportiva e filantrópica

G24.gal 10/11/2024 14:21 Última actualización 10/11/2024 15:54

Olegario Vázquez Raña asegura que recolle o premio co corazón. O empresario nunca esqueceu a terra que viu nacer os seus pais. O seu vínculo con Ourense, e particularmente con Avión, foi constante, pero lembra que se viu reforzado despois de vir a Galicia na súa lúa de mel.

"A partir desa data viñemos non menos de dúas ou tres veces ao ano. Os meus fillos empezaron a vir cun ano de idade e para eles España era a fonte da vila".

Alfonso Rueda destacou a contribución dos emigrantes para construír, dixo, unha Galicia moderna. O presidente da Xunta gabou os valores familiares, a valentía e a traxectoria profesional de Vázquez Raña.

"Estamos profundamente orgullosos desta Galicia que medrou e ten que seguir medrando grazas ao esforzo de todo o mundo non só dos que estamos aquí senón tamén dos que están alá e nunca se esqueceron das raíces fortes e profundas que están aquí".

 O himno galego pechou a homenaxe a Olegario Vázquez Raña. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade