Publicador de contidos
Publicador de contidos

Entran roubar por novena vez nunha tenda de produtos a granel da Coruña

Entran roubar por novena vez nunha tenda de produtos a granel da Coruña

É o segundo asalto en menos de tres meses

Os comerciantes quéixanse da escasa vixilancia policial

G24.gal 16/11/2024 14:43 Última actualización 16/11/2024 22:22

Unha tenda de produtos a granel da Coruña contabiliza nove asaltos desde a súa apertura, os dous últimos en apenas tres meses. A propietaria tivo que reparar a porta e colocar cristais novos en tempo récord, tramitar a denuncia e recuperar a compostura despois dun asalto que a sacou da cama de madrugada, alertada pola empresa de alarmas.

"Púxose a ver o vídeo e viu un home que rebentou o cristal da porta, entrou, viu que non había nada e marchou", explica Edgar Puñal, empregado do comercio.

Foi o segundo intento de roubo en apenas tres meses, o noveno desde que abriu o negocio na rúa Santo Andrés, no centro da Coruña, hai unha década. Quéixanse da ausencia de patrullas policiais desde que comezaron os traballos de reurbanización da zona, que manteñen a rúa pechada ao tráfico. Polo menos o autor do asalto xa está identificado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar