O BNG insta o Goberno a mellorar as conexións ferroviarias en Galicia e a acelerar o AVE Vigo-O Porto
O BNG insta o Goberno a mellorar as conexións ferroviarias en Galicia e a acelerar o AVE Vigo-O Porto
O BNG insta o Goberno a mellorar as conexións ferroviarias en Galicia e a acelerar o AVE Vigo-O Porto
A moción votarase cunha emenda do PP que pide que o AVE chegue a Lugo e a Ferrol
O BNG presentou unha moción no Senado en que insta o Goberno a mellorar os servizos ferroviarios en Galicia e a rematar en 2030 o tramo galego do Ave a Lisboa.
Entre outras cousas, insta o Goberno central a axilizar os estudos e os trámites en marcha para a implantación de servizos ferroviarios de proximidade, comezando polos eixos A Coruña-Ferrol e Vigo-Pontevedra.
Tamén, a acelerar a tramitación do estudo de viabilidade e dos procesos técnicos correspondentes para a conexión ferroviaria entre Lugo e Santiago de Compostela e a impulsar a execución do bypass de Betanzos para que as obras comecen antes de finalizar a lexislatura e se complete o Eixo Atlántico ata Ferrol, incluíndo a modernización da conexión A Coruña-Ferrol.
Reclama así mesmo ao Goberno español coordinar co portugués a "priorización e axilización" do Corredor de Alta Velocidade Vigo-Porto, "sen postergala en favor de ningunha outra conexión", e promover a modernización e a mellora da infraestrutura da liña ferroviaria A Coruña-Lugo.
A iniciativa votarase este mércores cunha emenda do PP, que incorpora a petición de que o AVE chegue a Lugo e Ferrol, tal e como acordou o Parlamento galego.
Carmen da Silva, do BNG, di: "Queremos un ferrocarril que nos permita subirnos ao tren, que dea servizo a todos os galegos. Precisamos moito as conexións con Portugal porque son fundamentais para o noso sistema económico, social e cultural".
Carmela Silva, do PSOE, respóndelle: "Todos os avances que tivo Galicia en materia ferroviaria levan o selo de goberno socialista. E así seguirá sendo".
"O PP sempre vai votar a favor de iniciativas que melloren Galicia. Pero pregúntome por que Ana Pontón non lle esixiu a Sánchez no acordo de investidura isto que propoñen agora aquí", di Nidia Arévalo, do PP.