Publicador de contidos
Publicador de contidos

Óscar Puente defende que a puntualidade dos novos trens Avril xa mellorou ata o 79 %

Óscar Puente defende que a puntualidade dos novos trens Avril xa mellorou ata o 79 %

O ministro de Transportes e Mobilidade Sostible di que o funcionamento mellorou despois de que tanto Talgo coma Renfe "cargaran as pilas"

Avanzou que en 2024 haberá menos incidencias que en 2023

Tren de alta velocidade Avril Tren de alta velocidade Avril
G24.gal 13/11/2024 18:18

O ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente, afirmou que a puntualidade dos novos trens de alta velocidade Avril de Talgo (Serie-106 de Renfe) xa melloraron a súa puntualidade en 19 puntos porcentuais desde a súa posta en marcha o pasado mes de maio, ata o 79 %, o que supón que catro de cada cinco chegan á súa hora.

Así o trasladou durante unha interpelación no Congreso dos Deputados impulsada por VOX, a través da cal o seu deputado José María Figaredo preguntoulle sobre as medidas que vai adoptar o Goberno para garantir os servizos ferroviarios en España.

Neste sentido, Puente informou de que a puntualidade dos Avril, que rexistraron numerosos problemas nos primeiros meses do seu funcionamento, mellorou, despois de que tanto Talgo coma Renfe "cargaran as pilas".

Esta mellora tradúcese en pasar dunha puntualidade de só o 60% fai tres meses a unha do 72% hai un mes e agora ao 79%.

Figaredo tamén se mostrou crítico sobre os atrasos no resto da rede que non é alta velocidade, ao defender que nos últimos 10 anos os atrasos nos trens de proximidade de Madrid disparáronse un 300 % e en Barcelona un 135 %, mentres que apuntou que un de cada catro trens de media e longa distancia chega tarde.

"Hai tres semanas descarrilou un tren en Madrid. Hai dúas semanas descarrilou un tren de mercadorías en Guadalaxara. E hai tamén dúas semanas descarrilou un tren en Málaga, mentres Renfe nos custa aos españois en subvencións directas 1.500 millóns de euros ao ano nos últimos orzamentos", engadiu o deputado de Vox.

Sobre os descarrilamentos, Puente referiuse ao de Málaga do pasado 29 de outubro para dicir que se produciu por un desprendemento como consecuencia da DINA. "Son eu responsable de que un tren descarrile como consecuencia das choivas torrenciais?", preguntouse o ministro, quen avanzou que en 2024 haberá menos incidencias que en 2023.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade