Dani Barcia e Óscar Gilsanz viven vidas paralelas: os dous son produto de Abegondo
Dani Barcia e Óscar Gilsanz viven vidas paralelas: os dous son produto de Abegondo
Dani Barcia: "É un adestrador que fixo moito por min, que me axudou bastante a mellorar e estoulle agradecido"
Dani Barcia é un dos grandes candidatos a estender o seu contrato dentro do proxecto trazado polo club.
"Non o levo eu de primeira man, pero sempre hai conversas que se dan e eu encantado de estar aquí, que é o club da miña vida", aclarou o defensor branco e azul.
"Son de aquí, da Coruña, e o meu obxectivo e o meu plan é seguir aquí, tentar levar ao Deportivo a Primeira. Iso é o que teño que facer, traballar agora en Segunda cada fin de semana e tentar axudar ao equipo a que leve os tres puntos", recalcou.
O defensa tamén comentou a súa opinión acerca da chegada ao banco de Óscar Gilsanz.
"É un adestrador que fixo moito por min, que me axudou bastante a mellorar e estoulle agradecido. Agora teño que darlle confianza e se me pon de titular, seguir facendo como o estou facendo, e se non, axudar o equipo".
Recoñeceu, iso si, que non esperaba que o club recorrese á promoción interna tras o despedimento de Imanol Idiakez.
"A verdade é que si que sorprende un pouco, non che vou mentir, pero eu cría que se lle daban a oportunidade, ía facer ben porque leva facéndoo ben estes últimos tres anos"