Yeremay poderá xogar ante o Éibar tras o acordo entre o Deportivo e a RFEF
Yeremay poderá xogar ante o Éibar tras o acordo entre o Deportivo e a RFEF
A Federación accede a que se incorpore unhas horas máis tarde do previsto á concentración da selección sub-21 para os dous próximos compromisos
Yeremay Hernández poderá xogar esta noite co Deportivo contra o Éibar (Riazor, 20:30 horas). A Real Federación Española de Fútbol accede a que se incorpore unhas horas máis tarde do previsto á concentración da selección sub-21 para os dous próximos compromisos internacionais.
O organismo traballa nun protocolo que estableza con claridade as pautas para este tipo de situacións, para evitar que con frecuencia poidan producirse diferentes polémicas cos clubs de procedencia dos xogadores.
Xa o sábado na rolda de prensa previa ao partido contra o Eibar, o adestrador do Deportivo, Óscar Gilsanz, reclamaba que a federación fose comprensiva coa situación de Yeremay.