Publicador de contidos
Publicador de contidos

David Mella soña con devolver ao Dépor “a Primeira e a Europa”

David Mella soña con devolver ao Dépor “a Primeira e a Europa”

Rodeado dos seus familiares, aos que agradeceu todo o seu apoio durante a súa etapa de formación

Foto @RCDeportivo
G24.gal 12/11/2024 16:22 Última actualización 12/11/2024 16:32

O extremo David Mella, campión de Europa coa selección española sub-19, non escondeu este martes a súa enorme satisfacción por ampliar o seu contrato co Deportivo ata o 2029.

“Cando cheguei ao club co Dépor en Primeira, nunca pensei que iamos chegar a estar en Primeira RFEF, co club que somos e a historia que temos. Agora, estando xa no primeiro equipo, soño con devolver ao Dépor onde ten que estar, que é en Primeira e en Europa”, afirmou.

Rodeado dos seus familiares, aos que agradeceu todo o seu apoio durante a súa etapa de formación, o internacional sub-19 confesou que “non tardou nada” en rexeitar a oferta que recibiu este pasado verán do Brighton da Premier League.

“Tardei o mesmo que acabo de tardar en contestar a pregunta de se me quería quedar no Dépor. A miña prioridade sempre foi quedar aquí”, apuntou Mella.

O futbolista de Teo tamén agradeceu á dirección deportiva a súa decidida aposta polos xogadores formados en Abegondo aínda que deixou claro que iso non influíu na súa decisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos