Histórica clasificación do Baxi Ferrol para as roldas finais da European Cup
Histórica clasificación do Baxi Ferrol para as roldas finais da European Cup
O equipo ferrolán garantiu, cunha xornada de antelación, o pase logo de gañarlle con claridade ao Brno
O Baxi Ferrol fixo historia no baloncesto galego ao acadaren a clasificación para rolda dos dezaseisavos de final da European Cup cunha xornada de antelación. A vitoria sobre o Brno deixa as galegas con catro vitorias e unha soa derrota. Na última xornada buscarán a primeira posición do grupo.
O primeiro tempo foi moi igualado, consciente o equipo Checo de que se xogaba na Malata a súa última oportunidade. Con empate a 22 entrabamos nos últimos catro minutos do segundo cuarto, o que foi o momento decisivo do partido ao acadar o Baxi un parcial de 10-0 (32-22 ao descanso) que comezou a rachar o partido.
No terceiro cuarto o Baxi deu un tirón de ata dezasete tantos (46-29), tentouse meter no partido o Brno á desesperada (48-40) e acabou por sentenciar o equipo galego ao comezo do derradeiro. A vantaxe marchou por riba dos vinte puntos (64-43) e o público e as xogadoras comezaron a festexar o éxito deportivo mesmo antes de rematar o partido.