O Baxi gaña o derbi co Ensino cunha canastra de Gala Mestres no último segundo
O Baxi gaña o derbi co Ensino cunha canastra de Gala Mestres no último segundo
O Ensino desperdiciou unha vantaxe de sete puntos nos dous últimos minutos
O Baxi Ferrol conseguiu a vitoria por 61-59 diante do Durán Maquinaria Ensino. O partido, marcado pola polémica do horario (o equipo ferrolán xogou o mércores en Turquía), acabou decantándose a prol dun equipo ferrolán que xogou mellor no segundo tempo.
No primeiro parcial saíu moito mellor o Ensino (4-11) que rematou seis arriba os dez primeiros minutos (12-18). Ao descanso o equipo visitante seguía controlando o partido (26-34) diante dun Baxi cunhas baixas porcentaxes de acerto.
A dinámica mudou no terceiro tempo no que o equipo ferrolán conseguiu meterse de cheo no encontro (44-43). Superou o Ensino ese momento de crise e volveu a coller o mando do partido. Tanto era así que a 1:55 do final gañaba por sete puntos de diferenza (52-59). Pero non souberon pechar o partido e o Baxi logrou un parcial de 9-0 cunha Gala Mestres determinante que acabou conseguindo a canastra da vitoria no último segundo.