Publicador de contidos
Publicador de contidos

Manquillo pensa no Barça: "Calquera momento é bo para xogar contra os grandes"

Manquillo pensa no Barça: "Calquera momento é bo para xogar contra os grandes"

O defensa non se fía da posible baixa de Yamal porque "teñen moitos xogadores bos, dá igual quen xogue"

G24.gal 19/11/2024 14:55

Manquillo está asentado na liña defensiva ideal que presenta Giráldez. Malia as rotacións a máis usada polo adestrador é na que está o toledano a carón de Starfelt e Marcos Alonso. Eles tres teñen moitas papeletas para formar a liña defensiva titular contra o Barcelona, partido que se xogará este sábado ás 21:00 horas en Balaídos. 

O xogador formado no Atlético de Madrid sabe que para enfrontarse aos grandes "calquera momento é bo". A motivación é máxima nun Celta que estivo a piques de sacar algo positivo contra o Atlético (0-1) e o Real Madrid (1-2) pero por mínimos detalles acabaron marchando os puntos. 

O Barcelona está nun gran momento de forma a pesar da derrota do último partido contra a Real Sociedade. Unha das dúbidas será a presenza da súa meirande estrela, Lamine Yamal. O aínda xuvenil non estivo en Anoeta por unhas molestias e non viaxou coa selección española para xogar os dous últimos partidos da Liga das Nacións. Diante da dúbida Manquillo non quere fixarse no rival porque sabe que "o Barcelona ten xogadores dabondo para que non se noten esas ausencias". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade