Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Porriño visitará Viena nos oitavos de final da EHF European Cup

O Porriño visitará Viena nos oitavos de final da EHF European Cup

O rival será o WAT Atzgersdorf e a eliminatoria xogarase a mediados de xaneiro

G24.gal 19/11/2024 12:42

O Conservas Orbe Zendal Porriño xa coñece o seu rival na eliminatoria de oitavos de final da EHF European Cup. Nesta primeira participación europea do cadro porriñés o equipo galego xa superou dúas eliminatorias e nesta terceira visitará a cidade de Viena (Austria) para enfrontarse ao WAT Atzgersdorf. 

O conxunto austríaco leva o mesmo camiño que as porriñesas. Superaron dúas roldas eliminatorias e a ambición que amosan por progresar nesta competición demóstraa que foron as encargadas de organizar os catro partidos xogados. Na anterior eliminatoria derrotaron o Gorele gañando os dous partidos e cunha diferenza global de doce goles. 

Desta volta cada equipo será o que xogue na súa casa os seus partidos. O primeiro disputarase en Austria o 11-12 de xaneiro e a volta no Porriño a seguinte semana. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar