Publicador de contidos
Publicador de contidos

Guardés e Porriño seguen imparables na liga feminina de balonmán

Guardés e Porriño seguen imparables na liga feminina de balonmán

As do Baixo Miño son primeiras con pleno de vitorias logo de gañar na pista da Rioxa por 21-23

O Porriño derrotou o Aula de Valladolid (25-28) e mantense na terceira posición

G24.gal 20/10/2024 11:31

O Mecalia Guardés continúa no máis alto da Liga Guerreras Iberdrola despois de gañar por 21-23 na pista da Rioxa. Tivo que remontar o equipo do Baixo Miño que comezou perdendo por 10-6. Ao descanso a desvantaxe era de só un gol (11-10) e mediado o segundo tempo xa estaba cinco arriba cun gran parcial de 3-9 (14-19). As rioxanas achegáronse (20-21), pero o acerto de África Sempere e Ceci Cacheda (7 goles) sentenciou no último minuto.

Gañou como visitante o Conservas Orbe Zendal Porriño na pista do Aula de Valladolid (25-28) cunha gran actuación de Mica Casasola (9 goles). A internacional arxentina liderou o ataque porriñés que sempre foi por diante pero co rival preto. Ao descanso o marcador reflictía un 12-14 e foi mediado o segundo tempo cando o Porriño conseguiu marchar grazas a un parcial de 1-5 (18-23) que acabou por decantar o partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar