Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Porriño supera a eliminatoria da European Cup en Turquía

O Porriño supera a eliminatoria da European Cup en Turquía

Gañou por 34-26 no partido de ida e aguantou no partido de volta, no que perdeu por 26-24

G24.gal 10/11/2024 10:16 Última actualización 10/11/2024 18:03

O Conservas Orbe Zendal Porriño deixou a eliminatoria da EHF European Cup encamiñada no partido de ida en Turquía (34-26) diante do Bursa Buyuksehir. O equipo galego amosouse moi superior, sobre todo no segundo tempo cando a primeira unidade das turcas comezou a dar síntomas de cansazo, circunstancia que aproveitaron as porriñesas para coller unha sustanciosa vantaxe. 

No segundo partido da eliminatoria, xogado 24 horas despois perderon as porriñesas pero xogaron en todo momento coa diferenza do primeiro encontro. Ao descanso estaban por diante no marcador (13-11) e deixáronse ir un pouco na segunda metade conscientes de que era case imposible que o Bursa Buyuksehir recuperase once goles. Ao final perdeu por 26-24, resultado que lle serve para avanzar na eliminatoria. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar